A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 24 de setembro de 2020, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 795 (11/PNC-000048)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Porro Martínez, María Corina e 13 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da reactivación dos traballos para lograr a aprobación inmediata do documento final da Estratexia nacional fronte ao reto demográfico
BOPG n.º 9, do 02.09.2020
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España a reactivación dos traballos para lograr a aprobación inmediata do documento final da Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico."
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020